Tarefas Naturais

06.04.2020

Luns, 15 de Xuño de 2020.  

Imos xogar tamén en Naturais. Recordades este xogo??

https://www.eresuncientificosabio.csic.es/index.php


Luns, 8 de Xuño de 2020.  

Corriximos os exercicios da páxina 73

1 Resumo. A maioría das plantas están formadas por tres elementos: raíz, talo e follas. A raíz permítelles absorber auga e sales minerais. As follas permiten captar a luz do sol e absorber dióxido de carbono. Con todo iso, as plantas fabrican o alimento. As plantas con flores reprodúcense mediante sementes. As flores conteñen os órganos reprodutores, que son os estames e o pistilo. As plantas anxiospermas teñen flores complexas e as sementes están dentro de froitos. As plantas ximnospermas teñen flores moi simples e as sementes están dentro de piñas. As plantas sen flores son os musgos e os fentos. 

2 Esquema. As plantas realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación, reprodución. As plantas clasifícanse en plantas con flores e plantas sen flores. As plantas con flores divídense en anxiospermas e ximnospermas. As anxiospermas teñen sementes en froitos. As ximnospermas teñen sementes en piñas. As plantas sen flores son musgos e fentos.

Tarefas :  Para repasar o tema faremos os exercicios da páxina 74- 1, 2, 3, 4, 5 e 6


Luns, 1 de Xuño de 2020.   

Ola!! Continuamos co tema. Primeiro vemos o video.


Despois lemos as páxinas 70 e 71. 

Facemos os exercicios da páxina 73- 1 e 2

Repasamos o tema enteiro.


Luns, 25 de Maio de 2020.    

Deixovos un esquema das Partes da Planta e as Funcións vitais das Plantas.

Podedes copialos no caderno, e estudalo. Está en castelán, pero pasadeo a galego mirando polo libro.


Tarefas: Facemos os exercicios da páxina 75 "Demostra o teu talento"

Para saber máis: "Banco de semillas de Svalbard".



Luns, 18 de Maio de 2020.   

Dalle un repaso ó esquema e completa a primeira ficha. Para facer a segunda terás que ler primeiro a páxina 68.

Cando remates dalle a "Terminado", para enviarmas.

Tómate o teu tempo, tendes toda a semana para facelo.

Despois de ver o video podes intentar facer ti o debuxo e porlle todas as partes que coñezas.


Luns, 11 de Maio de 2020.  

Esa palabra que non vos saía a algún no encrucillado era agallas, que é un sinónimo de branquias.

Tarefas:  Empezamos o tema 5  "Las plantas".

Primeiro lemos a páxina 64 e 65. Fala de moitas plantas que ó mellor non coñecemos. Buscade no dicionario as que non coñezades.

Vemos o video:  


Lemos as páxinas 66 e 67. 

Facemos un esquema e estudamos.  


Luns, 4 de Maio  de 2020.    

SOLUCIÓNS

Páx. 62. 1, 2, 3 e 4. 

1 • Os cans teñen un olfacto moi desenvolvido. Función de relación, porque o olfacto é un dos sentidos polo que os seres vivos reciben información do exterior. 

•  Os animais necesitan materiais de construción e enerxía. Función de nutrición, porque é mediante esta función e a partir dos alimentos de onde se obteñen a enerxía e os materiais que se necesitan para vivir. •  Na maioría dos animais necesítase a intervención de dous individuos. Función de reprodución, xa que a maioría se reproducen de forma sexual coa intervención de dous seres de distinto sexo, macho e femia.

 2 Un gato ve cos seus ollos un rato. Envía esta información ao cerebro para que a interprete, «o rato é unha presa que quero cazar», e despois envía unha resposta ao sistema locomotor: «correr e atrapalo». Os patas móvense axilmente para collelo e coas súas garras atrápao.

3 Expresión escrita. •  Reprodución sexual. •  Para respirar, xa que respiran mediante pulmóns e necesitan saír á superficie para coller o osíxeno do aire. •  Porque respiran por branquias o osíxeno que está disolto na auga. •  Non teñen patas, teñen aletas. E non teñen escamas porque son mamíferos. 

4 •  Os artrópodos son animais invertebrados.

   •  Os bichos bóla son animais detritívoros.

   •  Os réptiles teñen escamas. 

   •  Os mamíferos son animais vivíparos. 

   •  Os vermes teñen o corpo brando. 

   •  Os insectos son artrópodos que teñen seis patas e antenas. 


Mirade o que captaron unhas cámaras nos Montes do Invernadoiro (Ourense)...  UN OSO PARDO !!!!

Tarefas : Tendes que facer as fichas seguintes durante toda a semana.  Despois, cando as rematedes dádelle a "TERMINADO", para envialas co voso código.

Feliz semana!!!!



Luns, 27 de Abril de 2020.   

SOLUCIÓNS páx 61

1 Resumo.

Os animais, igual ca os demais seres vivos, realizan tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Mediante a nutrición, os animais conseguen materia e enerxía a partir dos alimentos.

Para poder levar a cabo a función de relación, os animais necesitan órganos dos sentidos que recollan información do medio que os rodea.

A maioría dos animais teñen reprodución sexual.

Todos os vertebrados dispoñen dun esqueleto interno formado por ósos e unha columna vertebral. O corpo ten tres partes: cabeza, tronco e rabo.

Os invertebrados carecen de columna vertebral. O grupo máis numeroso é o dos insectos, que teñen o corpo formado por cabeza, tórax e abdome. Ademais, teñen seis patas e antenas.

Tarefas:

Páx. 62. 1, 2, 3 e 4.

Tendes toda a semana para facelos. Vale????


Luns, 20 de Abril de 2020. 

SOLUCIÓNS  páx 59

1. Teñen en común que carecen de columna vertebral. Ademais, a maioría son ovíparos. 2 2. R. M. Hai animais que se desprazan voando no grupo dos artrópodos. Nadando, no grupo dos moluscos e nas medusas. E arrastrándose, nos grupos dos vermes e dos moluscos.

 3 O corpo dos insectos está formado por tres partes: cabeza, tórax e abdome. Teñen antenas na cabeza e seis patas que saen do tórax. Moitos deles posúen dúas ou catro ás que tamén saen do tórax. 

4 Usa as TIC. R. M. As estrelas de mar móvense libremente polo fondo mariño grazas a un gran número de pequenos pés que posúen na súa parte inferior. 


Tarefas:  Páx 61, exercicio 1.

                Dádelle un repasiño ó tema. Podedes ver de novo os videos.



María José - Blog Educativo
CPR.SAGRADO CORAZÓN- CELANOVA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar