Tarefas Sociais

06.04.2020


Mércores, 3 de Xuño de 2020  

Corriximos as tarefas da páxina 60

3   • É auga salgada. Non podemos bebela.• Encóntrase nos polos ou nos cumios das montañas. Si. 

     • As augas subterráneas son augas de chuvia ou de neve que se filtran pola terra e se almacenan formando ríos subterráneos ou acuíferos. • Nos ríos, lagos ou lagoas ou en torrentes, corgos e barrancos.  

4   •  Verde: desde o nacemento ata o encoro. Amarelo: desde o encoro ata a desembocadura do último afluente. Azul: desde o último afluente ata a desembocadura do río principal no mar. 

     •   Nacemento: lugar onde empeza o río. Desembocadura: lugar onde acaba o río. Mar: masa de auga salgada. Meandro: curvaturas do leito dun río. Fórmase principalmente no curso medio do río. Encoro: muro ou parede que se constrúe no curso dun río para almacenar a auga. Afluente: río que desemboca noutro río. 

5   • Na imaxe A está en estado sólido; na B, en estado líquido.  • O cambio é o de fusión 

Tarefas:   https://es.liveworksheets.com/c?a=s&t=sa15z9pg23&m=n&im=n&l=ju&i=ufxsxo&r=or



Mércores, 27 de Maio de 2020 

Corriximos páx 57

1 A: darlle de beber a un can. B: regar cultivos. C: lecer e deporte. D: para fabricar produtos. 

2 A auga potable é a que podemos beber porque non ten substancias que causen enfermidades. A auga potable obtense principalmente dos encoros, que teñen presas ou muros que conteñen a auga dun río, e dos pozos, que son perforacións que se fan no terreo para extraer as augas subterráneas. Dos encoros, a auga vai ás plantas potabilizadoras, onde se eliminan da auga as substancias prexudiciais. Logo, distribúese por tubaxes ata as casas. A auga xa usada nas casas lévase pola rede de sumidoiros ata a planta depuradora, onde se filtra, se limpa e se devolve aos ríos.

 3 Educación en valores. 

R. M. É importante depurar as augas antes de devolvelas porque, se as augas non se depurasen, os mares e os ríos contaminaríanse e non poderiamos utilizalas para o consumo. 


Tarefas: Para rematar o tema facemos da páxina 60 exercicios  3, 4 e 5

Estudamos o tema.


Deixovos este video, nel veredes baleas preto da costa grazas a que non hai tráfico marítimo pola corentena.



Mércores, 20 de Maio de 2020.   

Solucións páxina 59

1 Resumo. A auga na natureza encóntrase en tres estados: sólido, líquido e gasoso. Cando a auga pasa dun estado a outro, prodúcese un cambio de estado. A auga cambia de estado e móvese dun lugar a outro na natureza. A isto chámaselle ciclo da auga. As súas fases son evaporación, condensación, precipitación e retorno. A auga da superficie terrestre é doce e a dos mares e océanos é salgada. A auga que hai baixo a superficie da Terra acumúlase en forma de acuíferos. 

2 Esquema. As palabras que faltan son, de esquerda a dereita e de arriba abaixo: fusión, solidificación, líquido, condensación. 

3 Palabras clave.  • Afluentes. • Curso. • Leito. • Caudal. • Encoro. • No curso medio 

Tarefas:  Lemos o último apartado do Tema "Como coidamos a auga" páxina 57 e facemos os tres exercicios da páxina.

Repasamos o tema enteiro.


Mércores, 13 de Maio de 2020.  

Vemos o video

Despois lemos as  páxinas 55 e 56 e facemos os exercicios da páxina 59- 1,2 e 3


Para saber máis: 

- https://spaceplace.nasa.gov/sp/

Entra na páxina da NASA e podes ler: "¿Por qué el cielo es azul?"


Mércores, 6 de Maio de 2020. 

Para facer estes exercicios mandei ler a páxina 54, pero tamén tiñades que ler a 55, para obter todas as respostas, non?

•  O curso alto está nas montañas e o terreo ten moita pendente. O curso medio atravesa unha chaira, polo que ten pouca pendente. O curso baixo discorre cerca da costa e é a zona do río con menor pendente. 

•  O leito é o terreo polo que discorre o río. No curso alto o río ten un leito pouco fondo e estreito e leva pouca auga, pero corre moi rápido. No curso medio o seu leito é máis ancho e fondo e o caudal aumenta. No curso baixo o leito do río alcanza a máxima anchura, profundidade e ­caudal. 

•  O río principal desemboca no mar, mentres que os afluentes desembocan no río principal; os afluentes son máis curtos e estreitos e teñen menos caudal

Tarefas:  facer a ficha e dar un repasiño ó tema. Cando rematedes a ficha dádelle a "Terminar" e enviadea.

Entrade no apartado " Láminas Sociais", hai algunhas que teñen relación coa paisaxe.


Mércores, 15 de Abril de 2020.

Sociais: páxina 52 y 53.  Primeiro vemos o video. 

Unha vez visto, lemos as dúas páxinas.

Facemos o exercicio 2.

E repasamos o Ciclo da Auga.

PARA SABER MÁIS:

VAI A PÁXINA DA "NASA"  (INCLUÍDA NOS "NOSOS FAVORITOS")  ALÍ ENTRA EN "LA TIERRA" E EXPLORA O APARTADO:    ¿Tienes sed? ¡Bebe un cometa! 


Mércores, 22 de Abril de 2020. 

Mirade esta noticia do día 20 de Abril, que salíu en algúns xornais galegos. Trátase dun tiburón peregrino. Gustaríame que buscarades algo sobre éste tiburón, de que se alimenta, é perigoso, tamaño.......... Sería un traballo de Naturais. Así que facedeo na libreta de Naturais.

https://videos-cdn.farodevigo.es/multimedia/videos/2020/04/20/201135/sorprendente-visita-tiburon-vigo-1_m.mp4


Mércores, 29 de Abril de 2020.  

Corriximos:

2   • Un iceberg é un gran anaco de xeo que se desprende dun glaciar e flota no mar. 

• Un acuífero é unha acumulación de auga que se filtra polas rochas porosas, que se empapan e acumulan auga coma unha esponxa xigantesca. 

• Un lago é unha extensión considerable de auga rodeada de terra por todas as partes, que adoita ocupar depresións do terreo que se enchen de auga. 

• Un manancial é unha fonte natural de auga que abrolla da terra ou entre as rochas.

 • Un río é unha corrente continua de auga doce. 

Tarefas:  Lemos a páxina 54. FACEMOS O TRABALLA COA IMAXE.

FAREMOS UN DEBUXO DONDE SE VEXAN AS PARTES DUN RÍO, DESEMBOCADURA....



María José - Blog Educativo
CPR.SAGRADO CORAZÓN- CELANOVA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar